Está publicada a resolución definitiva á renuncia á avaliación continua corresponde ao prazo adicional para solicitar renuncia á avaliación continua para aqueles alumnos/as que non renunciasen previamente na primeira edición de exames.
De detectar algún erro, debedes contactar por email a eei.secretario@uvigo.es o antes posible.
Para aquelas solicitudes recibidas fóra deste prazo non se concederá a renuncia de forma automática senón que se analizarán co profesorado coordinador das materias implicadas para tomar unha decisión ao respecto e, en calquera caso, débese solicitar cunha semana de antelación á data do exame para a correcta organización das probas.
IMPORTANTE
Requírese que o alumnado con RENUNCIA CONCEDIDA o poña en coñecemento, canto antes, do profesorado da(s) materia(s), para a correcta organización das probas (preferentemente, 5 días antes da data de cada unha delas).