O programa financia o desenvolvemento de 15 teses de doutoramento na contorna empresarial, baseadas en proxectos de investigación que impliquen unha colaboración efectiva entre unha empresa ou centro de innovación e tecnoloxía, e unha universidade do Sistema Galego Universitario (SUG).
A empresa ou centro asumirá a contratación do doutorando ou doutoranda.
O prazo de presentación de solicitudes é do 6 de outubro ao 5 de novembro de 2021.
O programa está dirixido a:
- Empresas e centros de innovación e tecnoloxía con sede en Galicia que desexen contratar investigadores ou investigadoras predoutorais para realizaren un proxecto de investigación industrial en colaboración cunha universidade do SUG.
- Universidades do SUG que desexen participar na execución dun proxecto de investigación industrial ou de desenvolvemento experimental que se desenvolva en colaboración cunha empresa ou centro de innovación e tecnoloxía en Galicia.
Algúns dos requisitos esixidos son:
- O persoal investigador a contratar deberá matricularse nun Programa de Doutoramento dunha universidade do SUG.
- As universidades do SUG deberán designar a persoa directora académica da tese.
- O contrato deberá formalizarse con persoal investigador predoutoral en formación e terá unha duración non inferior a 1 ano nin superior a 3.
Consulta máis información en resumo programa doutoramento industrial e no DOG