Programa AcompañamEEI 2024

Presentámosvos unha nova edición do programa de acompañamento da nosa Escola.

Es novo na EEI? A voltas coa túa adaptación á vida universitaria? Dende a EEI queremos axudarche coa posta en marcha deste programa, AcompañamEEI 2024/2025, un programa deseñado para que a túa estadía na Escola sexa unha etapa chea de ilusión e aprendizaxe e que che axudará a ser mellor persoa  e a potenciar o teu rendemento académico.

Que é AcompañamEEI?

Unha actividade de mentoring pensada para ti, para ofrecerche a orientación e o apoio que precisas para integrarte social e academicamente na EEI.

Obxectivos do programa:

  • Axudarche na túa adaptación á Universidade e á EEI, a xestionar mellor o tempo favorecendo a túa integración e rendemento académico.
  • Formar a estudantes de cursos avanzados como mentores, desenvolvendo as súas competencias e habilidades sociais, de liderado e xestión de tarefas.

Pronto recibirás un correo do teu mentor, non o deixes pasar! Aproveita esta oportunidade, participa! Non deixes de beneficiarte deste programa e dar o teu gran salto cara ao éxito.

Podes consultar toda a información detallada na seguinte ligazón: programa AcompañamEEI.