Prácticas de Campo e Saídas de Estudo 2020/2021

Ata o vindeiro 23 de marzo, debido a unha aplicación do prazo por parte da Vicerreitoría de Captación de Alumnado, voltará estar aberto o prazo para presentar as solicitudes de prácticas de campo e saídas de estudo para o 2º cuadrimestre do curso 2020/2021.

As solicitudes presentaranse nos Negociados de Asuntos Xerais.

Xunto coa solicitude, deberá presentarse o impreso de conformidade asinado polos coordinadores da materias afectadas pola práctica de campo ou saída de estudo (punto 4 da convocatoria) e a previsión de gastos cuberta no caso de actividades de máis dun día de duración (punto 2 da convocatoria).

O calendario elaborado con estas solicitudes ten que ser aprobado pola Comisión Permanente da Escola antes da finalización do prazo establecido na convocatoria pola Vicerreitoría de Estudantes.