Inicio do curso 2023-2024

En nome de todo o persoal da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo, darvos a benvida ao novo curso académico 2023-2024, de maneira moi especial para o alumnado que se incorpora por primeira vez á vida universitaria.

Tamén queremos aproveitar para agradecervos a confianza depositada na nosa Escola e dicirvos que é o noso maior desexo que este período de formación na EEI permítavos alcanzar todas as vosas metas e desenvolvervos tanto no plano profesional como no persoal.

Na seguinte ligazón e na axenda podes atopar o programa coas xornadas de acollida. Aínda que non son actividades obrigatorias, son actividades encamiñadas a informar e orientar en todas aquelas cuestións relativas á organización académica: Programa actividades de acollida

Alumnado de Primeiro curso que se matricula por primeira vez

As xornadas de acollida son presenciais. Debes realizar o rexistro no seguinte formulario, escollendo a sesión á que vas asistir: https://forms.gle/yPYHrSR6gyj1qQPL7

Co obxecto de que poidamos dispoñer de certa información, relativa á túa procedencia, que nos axude a seguir mellorando no proceso formativo da titulación que seleccionaches, solicitámosche cubras o seguinte formulario:
https://forms.gle/uz6HD8U5jK5KCgJC8

Alumnado de Continuación de Estudos

Tendo en conta o período de matrícula establecido pola Universidade de Vigo para o alumnado de continuación de estudos, aconsellamos axilizar o máximo posible a matrícula para poder facer a asignación dos grupos o máis axiña posible. Non é posible facer o peche dos grupos ata que remate o prazo de matrícula establecido pola Universidade.

Para asistir ás xornadas de acollida debes realizar o rexistro no seguinte formulario: https://forms.gle/yPYHrSR6gyj1qQPL7