A Fundación Barrié convoca a IV edición do Summer Undergraduate Fellowship Program, un programa internacional de estadías de investigación durante os meses de verán, dirixido a estudantes universitarios galegos da área de ciencias da vida.
O prazo para presentar as solicitudes finaliza o 5 de febreiro de 2024.
O obxectivo deste programa é achegar a investigación biomédica aos estudantes universitarios galegos para que poidan adquirir experiencia profesional nun laboratorio internacional e orientar a súa carreira profesional.
As prácticas de laboratorio terán unha duración de 9 semanas, entre o 24 de xuño e o 23 de agosto de 2024.