Eleccións a delegado/a de clase – curso 2024/25

Participa! – SETEMBRO 2024

Na EEI queremos que todo o alumnado dos diferentes cursos estean representados, teñan voz nos foros da Escola e participen de xeito activo no desenvolvemento da vida universitaria dentro da Escola.

O papel dos/as delegados/as é moi importante para que a Escola poida dar resposta a todas aquelas cuestións que poidan ir xurdindo ao longo do curso e seguir avanzando na procura de acadar unha Escola mellor.

Con ese propósito, dentro do PAT (Plan de Acción Titorial), a dirección da EEI e a Delegación do Alumnado de Industriais (DAI) puxo en marcha o proceso de eleccións de delegados/as de curso que terá lugar durante os próximos días 16, 17 e 18 de setembro.

Os horarios das votacións na Sede Cidade e Campus son os seguintes: Horariovotacións delegados.

Queremos agradecer a colaboración prestada polos delegados durante o curso 2023/24.

Non deixes pasar esta oportunidade de facerte escoitar e construír unha Escola mellor!