Distincións TFM por parte do ICOIIG

O Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG) lanza unha nova convocatoria para as Distincións de Traballos Fin de Mestrado presentados neste ano 2024.

O ICOIIG desexa estimular desta forma o traballo dos futuros Mestrados en Enxeñería Industrial, a través do recoñecemento dos proxectos levados a cabo nos seus Traballos Fin de Mestrado. 

A temática do traballo deberá estar directamente relacionada con algunha das diversas actividades profesionais que forman parte da enxeñería industrial (mecánica, construción, electricidade, electrónica, automática, enerxía, fabricación ou organización industrial, entre outras).

Na seguinte ligazón figuran as bases de participación, o formulario e toda a información relativa a esta convocatoria: Distincións Traballos Fin Mestrado – Convocatoria 2024

Consideramos que é unha boa oportunidade para pór en valor o papel da Enxeñería Industrial e dar a coñecer os proxectos que se levan a cabo.