Dentro do Programa Oficial de Doutoramento en Investigación en Tecnoloxías e Procesos Avanzados na Industria, asinamos un convenio con SPRINGER NATURE para ter acceso ao curso NATURE MASTERCLASSES, curso de Escritura e Publicación Científica de NATURE.
Scientific Writing and Publishing é un curso en liña de Nature Research para investigadores en ciencias e enxeñería que son novos na publicación ou desexan actualizar as súas habilidades.
Permitirache:
- Desenvolver habilidades de escritura e adquirir confianza na redacción de artigos para revistas.
- Comprender os procesos editoriais e o que buscan os editores.
- Coñecer as mellores prácticas para enviar un traballo e unha revisión por pares.
Características claves do curso:
- O curso consta de tres partes certificadas.
- Impartido por 36 editores de máis de 20 revistas de Nature Research.
- 11 horas de aprendizaxe en leccións de 10 minutos.
- Proporciónanse subtítulos e transcricións en inglés.
- O acceso ao curso está dispoñible ata o 10/01/2021.
Se estás interesado neste curso, solicita acceso enviando un correo electrónico cos teus datos a jpou@uvigo.es.
A ligazón da páxina web do curso é:
https://masterclasses.nature.com/?gclid=EAIaIQobChMI87arg_TW7AIVB5zV