Está publicada a convocatoria de mobilidade Erasmus Estudos para o curso 2022/2023
https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/834
O prazo para presentar as solicitudes remata o 21 de xaneiro de 2022.
O formulario deberá cumprimentarse a través da plataforma MoveON e presentarse asinado con firma dixital na sede electrónica da Universidade de Vigo. A Oficina de Relacións Internacionais elaborou unha guía paso a paso para completar o formulario que está colgada no portal de bolsas xunto coa convocatoria.
Deben terse en conta as seguintes observacións con respecto ás prazas da Escola de Enxeñería Industrial:
- O1 – Todas as prazas identificadas como «Level 6» na columna «Nivel EQF» son prazas de titulacións de grao. Poden ter ou non indicacións na columna de «Observacións».
- O2 – Todas as prazas nas que aparece o texto «Level 7» na columna «Nivel EQF» son prazas do mestrado en enxeñería industrial e todas teñen requisitos na columna de «Observacións».
- O3 – Nas tres filas nas que aparece «Level 6, Level 7» na columna «Nivel EQF», as prazas de Bolonia son de titulacións de grao.
- O4 – Se na columna «Observacións» aparece indicado un titor ou persoa de contacto, é preciso presentar una carta de aceptación desa persoa xunto coa solicitude, tal e como se prevé na normativa de selección de estudantes Erasmus da EEI, que pode consultarse aquí:
https://eei.uvigo.es/gl/escola/normativa-procedementos-e-formularios/erasmus/
Os días 28 e 29 de decembro haberá sesións informativas a través do Campus Remoto:
- Lugar: Aula virtual 07 da sede Campus (https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/3129616353)
- Clave de acceso: hH9CNYPM
- Hora: De 12:00 a 13:00
Durante decembro e xaneiro haberá horario ampliado de atención na subdirección de RR. II, tanto presencial como a través do Campus Remoto. Os días, horas e sedes indícanse no seguinte calendario:
https://eei.uvigo.es/gl/internacional/contacto-subdireccion-de-relacions-exteriores/
Aviso
Hai un erro nas datas das probas de acreditación de inglés que figuran nas bases da convocatoria. As datas correctas son as seguintes:
- Exame de acreditación CertAcles, nivel B2 – xoves, 13 de xaneiro de 2022
- Exame de acreditación CertAcles, nivel B1 – venres, 14 de xaneiro de 2022
- Ademais hai un exame TOEFL, multinivel – sábado, 15 de xaneiro de 2022
Toda a información está dispoñible na web do Centro de Linguas: https://cdl.uvigo.es/certificacions-exames/certificacion-certacles/
Documentos e enlaces