O próximo xoves 2 de novembro, ás 17:00 horas, na Aula de Grao da EEI – Sede Campus, terá lugar unha charla impartida pola relatora Eva Cano, egresada da EEI, onde cursou Estudos en Enxeñería Eléctrica, e que se atopa actualmente traballando como Project Manager no CERN, onde leva 5 anos tras rematar os estudos na nosa Escola.
Na charla trataranse os seguintes puntos:
- Presentación do CERN.
- Presentación do Departamento EN (Departamento de Enxeñería).
- Funcións dun enxeñeiro de proxectos.
- Exemplos dalgúns proxectos realizados dentro do Departamento de Enxeñería.
- Futuro do CERN (presentación do proxecto FCC).
- Tipos de programas para estudantes, recén graduados e profesionais aos que se pode aplicar.
Unha charla sobre as oportunidades nun centro de investigación de primeiro nivel. Coñece os proxectos e as oportunidades para o desenvolvemento dos/das enxeñeiros/as a través da experiencia dunha egresada da Escola. Unha gran oportunidade que pode ser do teu interese. Se queres participar, rexístrate na seguinte ligazón, https://forms.gle/VvCnfeZJ5beXUe6P8.