Benvida ao curso 2020/21

Actividades acollida 14 a 18 setembro

 

Dende a EEI queremos darvos a benvida ao curso 2020/2021, un curso que se vai deselvolver nunha situación excepcional pero no que esperamos superar as dificultades coa colaboración de todas as persoas que integramos a EEI para garantir que a docencia poida transcorrer dun xeito seguro.

A partir do día 14 de setembro terán lugar as actividades de acollida, unha serie de actos de benvida, presentación e de información para todo o alumnado da EEI.

O horario dependerá de se es estudante de primeiro curso ou de continuación de estudos, e se o teu grao/grupo desenvólvese na Sede Campus ou na Sede Cidade. Pola situación na que nos atopamos, indícase a sesión á que debes asistir atendendo ao grupo ou grao ao que pertenzas.

Na seguinte ligazón podes consultar toda a información relativa ás actividades de acollida: Actividades de acollida 2020/21.

Lembra que pola situación tan excepcional na que se desenvolve este curso é moi importante que esteas sempre atento ás novas da Web por se houbese algún axuste ou cambio.