Benvida/o á Escola de Enxeñería Industrial.
En nome de todo o persoal da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo, queremos darche a benvida ao novo curso académico 2025/26, de maneira moi especial se te incorporas por primeira vez á vida universitaria.
Tamén queremos aproveitar para agradecerche a confianza depositada na nosa Escola e nas nosas titulacións. O noso maior desexo é que este período de formación na EEI che permita acadar todas as túas metas e desenvolverte tanto no eido profesional, coma no persoal.
As clases do primeiro cuadrimestre comezarán o luns día 8 de setembro de 2025. Previamente ao comezo do curso, organizaremos unhas sesións de acollida e orientación ás que che animamos a asistir.
Alumnado de Primeiro curso que se matricula por primeira vez
Na seguinte ligazón e na axenda podes atopar o programa das xornadas de acollida: Programa actividades de acollida.
Lembrámosche que as datas nas que están programadas son as seguintes: mércores 3 de setembro para os grupos da Sede Cidade e xoves 4 de setembro para os grupos da Sede Campus.
Para asistir a esta xornada debes facer o rexistro no seguinte formulario antes do 1 de setembro: rexistro actividades de acollida.

Co obxecto de que poidamos dispoñer de certa información relativa a túa procedencia, que nos permita continuar mellorando no proceso formativo, agradecémosche que cubras o seguinte formulario: enquisa alumnado novo ingreso.

Proximamente publicaremos toda a información relativa ás xornadas de acollida para o alumnado de continuación de estudos e dos mestrados.




