A Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica Galicia Sur convoca unhas axudas para incorporar a graduados en Enxeñería Biomédica a grupos de investigación do IISGS.
Ofértanse 10 axudas para o financiamento de bolsas a tempo parcial (10 horas semanais) durante un tempo máximo de 2 anos. Os estudantes deben estar matriculados no primeiro curso do Mestrado en Enxeñería Biomédica ofrecido pola nosa Escola.
As bolsas adxudicaranse en función do expediente académico e da carta de motivación dos candidatos.
O prazo e procedemento de presentación de candidaturas publicarase proximamente.
Os obxectivos deste programa son:
- Prestar apoio aos proxectos de investigación de perfil tecnolóxico nos diferentes grupos.
- Contribuír en grupos de investigación de perfil clínico ao desenvolvemento de proxectos de innovación en novas tecnoloxías, a optimización de procesos sanitarios e a personalización de solucións tecnolóxicas.
- Potenciar a colaboración interdisciplinar mediante a colaboración entre enxeñeiros, científicos, sanitarios e xestores.
- Facilitar a conexión dos grupos do IISGS con empresas do sector tecnolóxico para fomentar a transferencia de coñecemento ao sector produtivo e a atracción de fondos para proxectos neste campo.
- Favorecer a atracción e retención de talento de profesionais con perfil tecnolóxico biosanitario cun enfoque igualitario e sostible.
Se es un Graduado en Enxeñería Biomédica e matricúlaste no Mestrado en Enxeñería Biomédica da nosa escola, unha das bolsas pode ser túa!




