Programa de mobilidade intensivo BIP From Smart Sensors to Industrial Applications

Se es un estudante de grao ou mestrado e che interesa a electrónica…
Se non te animas a facer unha mobilidade de longa duración pero estás disposto a facer unha estadía dunha semana…
Se che interesa aprender e coñecer xente nova e doutros países…

… solicita a túa participación neste BIP (blended intensive programme).

Os BIPs (programas intensivos combinados) son mobilidades internacionais que combinan unha compoñente virtual cunha mobilidade de curta duración a unha das institucións socias e que utilizan métodos innovadores de aprendizaxe e ensino, incluíndo o traballo colaborativo en liña.

  • Compoñente virtual: do 7 de xullo ao 18 de xullo de 2025.
  • Mobilidade presencial: do 21 ao 25 de xullo de 2025.
  • Data límite para presentación de solicitudes: 28 de febreiro de 2025.
  • + info e bases da convocatoria aquí.
  • Presenta a túa solicitude aquí.
  • Descrición detallada do programa aquí.

Documentos e enlaces