Aberto o prazo para a presentación de solicitudes de mobilidade con países extracomunitarios no curso académico 2025/26.
Poden participar tanto alumnos de grao como de mestrado (titulacións de máis de 60 créditos).
A data límite de presentación de solicitudes é o 30 de xaneiro de 2025.
Na seguinte ligazón tedes as bases da convocatoria, a lista de destinos, a información sobre as axudas económicas e o modelo para presentar propostas de estudos para cada destino solicitado:
https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1494
Na subdirección de RR. II. podedes informarvos por teléfono ou durante o horario de atención presencial que podedes consultar neste calendario. Se queredes atención presencial, enviade unha mensaxe a eei.exteriores@uvigo.gal para reservar unha franxa horaria.
Para facilitarvos a búsqueda de información e mesmo a elaboración dunha proposta de estudos, na documentación incluída nesta carpeta compartida recóllese información sobre universidades socias de todos os programas de intercambio (ligazóns ás páxinas para o alumnado de intercambio entrante, ligazón aos programas de estudo, ligazón ás materias con docencia en inglés, etc.). O documento estará en permanente actualización. Se queredes información sobre un destino en concreto, escribide a eei.exteriores@uvigo.gal e procurarase actualizar o documento o antes posible.