Aberto o prazo para a presentación de solicitudes de prazas de intercambio para o curso académico 2025/26, no marco do programa GE4, dentro do convenio de colaboración entre a Universidade de Vigo e o GE4 (Global Education: Exchange for Engineers and Entrepreneurs).
Poden participar tanto alumnos de grao como de mestrado en mobilidades con universidades europeas, iberoamericanas e asiáticas durante o curso 2025/26.
A data límite de presentación de solicitudes é o 22 de xaneiro de 2025.
Na seguinte ligazón tedes as bases da convocatoria, a lista de destinos e o formulario que debedes cubrir para cumprimentar a solicitude: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1488
Na subdirección de RR. II. podedes informarvos por teléfono ou durante o horario de atención presencial que podedes consultar neste calendario. Se queredes atención presencial, enviade unha mensaxe a eei.exteriores@uvigo.gal para reservar unha franxa horaria.
Para facilitarvos a búsqueda de información e mesmo a elaboración dunha proposta de estudos, na documentación incluída nesta carpeta compartida recóllese información sobre universidades socias de todos os programas de intercambio (ligazóns ás páxinas para o alumnado de intercambio entrante, ligazón aos programas de estudo, ligazón ás materias con docencia en inglés, etc.). O documento estará en permanente actualización. Se queredes información sobre un destino en concreto, escribide a eei.exteriores@uvigo.gal e procurarase actualizar o documento o antes posible.
Documentos e enlaces