Comeza o XXIV Foro Tecnolóxico do Emprego

Os días 5, 6 e 7 de marzo de 2024 celebrarase unha nova edición do Foro Tecnolóxico do Emprego.

Trátase dun evento xa consolidado no calendario académico que foi creado no ano 2001 polas Delegacións de estudantes das tres Escolas do campus de Vigo para achegar o mundo laboral aos alumnos das diferentes escolas de enxeñaría da Universidade, aprendendo como se traballa en equipo nunha empresa.

É un evento creado polo alumnado para o alumnado, co obxectivo de facilitar a interacción entre as empresas e os futuros titulados no ámbito técnico. Un espazo de encontro entre estudantes e empresas que facilita a conexión entre empresas líderes e futuros profesionais, proporcionando oportunidades laborais e de crecemento profesional aos estudantes.

As empresas que participarán nesta próxima edición do foro impartirán obradoiros, conferencias e te atenderán nos seus stands para axudarche no teu achegamento ao mundo laboral.

Na seguinte ligazón podes consultar todas as actividades que se levarán a cabo: Programa foro tecnolóxico.

Non perdas a oportunidade de achegarte ao XXIV Edición do Foro Tecnolóxico de Emprego para complementar a túa formación e amosarlle ás empresas o teu talento. 

Máis información en https://www.forotecnoloxico.net/ e nas súas redes sociais.