Declaración de intención de matrícula no Mestrado en Enxeñería Biomédica

Esta solicitude de interese é voluntaria e non vinculante. Os datos que se obteñan serán orientativos e non proporcionan prioridade algunha no proceso de preinscripción e matrícula.

Co Mestrado en Enxeñería Biomédica búscase afianzar e potenciar os estudos do Grao en Enxeñería Biomédica, aportando ao alumnado unha formación de amplo espectro, que responde ás necesidades de dispoñer de persoal técnico de alta cualificación para deseñar e aplicar novas e avanzadas tecnoloxías no ámbito sanitario.

Con este mestrado complétase unha formación que abrangue todas as etapas e aspectos relacionados coas tecnoloxías e produtos sanitarios.

Non deixes escapar esta oportunidade de asegurar o teu futuro. Fai a túa declaración de intención de matrícula do 1 ao 15 de xuño no seguinte formulario :

https://forms.gle/DfyEC4DeEzFM27cw7

Toda a información relativa aos prazos de preinscrición e matrícula no Mestrado en Enxeñería Biomédica estará dispoñible na seguinte ligazón: Preinscrición e matrícula Mestrado Enxeñería Biomédica