Tes unha cita con EDUGAL

O 11º Salón de Oferta de Educación e Formación de Galicia (EDUGAL) xa está en marcha. Podes visitalo dende o 26 ao 28 de outubro de 2022, no Recinto Feiral de Pontevedra.

O obxectivo desta celebración é dar continuidade á orientación académica e facilitar así a elección sobre o futuro profesional. Participan centros educativos e formativos, orientadores e profesionais do ensino, empresas e organizacións tanto do sector público como privado, con conferencias, charlas, demostracións e talleres para axudar aos estudantes a valorar entre as distintas opcións formativas das que dispoñen.

A Escola de Enxeñería Industrial non podía faltar a unha citan tan importante como a Feira EDUGAL.

A entrada é gratuíta e o horario de 10:00 a 18:00 horas (mércores e xoves) e de 10:00 a 15:00 horas (venres)

Podes consultar máis información no arquivo adxunto e na ligazón Feira Edugal.

Documentos e enlaces