3º prazo preinscrición Mestrados Especialistas – curso 2024/25

Do 23 ao 25 de setembro está aberto o terceiro e último prazo de preinscrición para o curso 2024/25 nos Mestrados Especialistas da EEI.

Se xa realizaches a preinscrición no 1º ou 2º prazo, para poder preinscribirche de novo neste 3º prazo, debes escribir previamente un correo á área académica de posgrao eei.master@uvigo.gal.

As listaxes provisorias de admitidos e excluídos publicaranse o 2 de outubro segundo o calendario de preinscrición e matrícula.

Estes mestrados están interrelacionados co ámbito empresarial de Galicia, preparándote para os grandes desafíos en sectores claves da nosa economía.

Podes consultar toda a información destes títulos na seguinte ligazón, https://eei.uvigo.es/es/estudios/másteres/

A oferta de mestrados da EEI son unha opción competitiva, segura e prestixiosa, con titulacións deseñadas para estar na vangarda da enxeñería e colocarte nunha posición inmellorable para un desenvolvemento profesional de éxito. 

Ademais, as nosas titulacións contan co recoñecemento e o apoio de axentes e actores chave da nosa contorna que recoñecen á EEI coma xeradora dun coñecemento esencial e innovador para un desenvolvemento sostible da nosa sociedade. 

Elixas o que elixas, unha opción segura! Non deixes escapar esta oportunidade de asegurar o teu futuro!