O persoal docente da Universidade de Vigo dispón dunha serie de programas que teñen o obxectivo de fomentar a súa mobilidade.
Ademais da existencia de programas que teñen como destino a Unión Europea, Estados Unidos ou Canadá, o persoal docente da Universidade de Vigo pode participar en accións de cooperación interuniversitaria ou no programa Jean Monet, destinado ao desenvolvemento no mundo universitario de actividades académicas relacionadas coa integración europea, o estudo da construción da Europa comunitaria, e o seu desenvolvemento institucional, político, económico e social.