A libre mobilidade é unha estadía académica temporal nunha institución de educación superior estranxeira para efectuaren estudos relacionados cunha titulación oficial da Universidade de Vigo, sen o requisito da concesión dunha praza de mobilidade ao abeiro dos programas, acordos ou convenios subscritos pola Universidade de Vigo.
Para solicitar o estatus de estudante de libre mobilidade, o alumno deberá cumprir os seguintes requisitos:
- Estar matriculado na Universidade de Vigo en estudos oficiais de grao, mestrado ou doutoramento no momento da solicitude e durante a realización da estadía
- No caso de ser estudante de grao, ter polo menos 60 créditos ECTS superados
- Dispor da aceptación oficial da institución de acollida para realizar os estudos que solicita
- Contar coa conformidade da Subdirección de Relacións Exteriores
Documentos e enlaces