A mobilidade de estudantes dentro do territorio español lévase a cabo a través do programa SICUE que posibilita realizar un período de estudos noutra universidade española, con garantías de recoñecemento académico.
Os alumnos que se acollen a este programa poden realizar un ano académico nas Escolas de Enxeñería da Universidade Politécnica de Madrid, Universidade Politécnica de Cataluña, Valladolid e Valencia entre outras.
Para o curso 2013/2014, a Escola de Enxeñería Industrial ten os seguintes acordos académicos para realizar estancias de curso completo nas seguintes universidades (ver documentos e enlaces: Listado centros SICUE – EEI).
Así mesmo, os listados das materias ofertadas en cada unha das titulacións do centro para o curso 2013/2014 encóntranse dispoñibles nos documentos e enlaces desta sección. Convén facer notar que a Escola de Enxeñería Industrial está formada por dúas sedes, situadas ambas no municipio de Vigo a unha distancia de 11 km. entre si:
Por isto, os alumnos de mobilidade SICUE deben matricularse unicamente nunha das dúas sedes. Nos listados anteriores indícase (na cabeceira do pdf) en que sede se imparten cada curso de cada unha das titulacións da Escola de Enxeñería Industrial.
Así mesmo, os programas das materias de grao, poden consultarse a través do seguinte enlace: