Novas

Curso Adaptación ao Grao 2020/21: Listaxe definitiva admitidos matrícula

No curso 2020/2021 a docencia seguirá a ser de tipo semipresencial e soamente haberá grupos de docencia de prácticas con horarios compatibles coa actividade profesional. Achégase a listaxe definitiva das persoas admitidas para realizar a matrícula. O prazo de matrícula é do 31 de agosto ao 15 de setembro de 2020. Podes consultar os distintos prazos de matrícula para o próximo curso 2020/2021 en curso adaptación. Documentos e enlaces Listaxe provisional solicitudes admitidas a trámite Listaxe definitiva solicitudes admitidas a trámite Listaxe provisional persoas admitidas para matricularse Resolución curso adaptación listaxe provisional matrícula Listaxe definitiva persoas admitidas para matricularse Resolución …

Continuar lendo

Acreditación EUR-ACE

A Escola de Enxeñería Industrial, no marco do seu Plan Estratéxico e en busca da excelencia nas súas titulacións, acada os selos de calidade EUR-ACE nas seguintes titulacións de grao: Grao en Enxeñería Electrónica Industrial e Automática, Grao en Enxeñería en Tecnoloxías Industriais e Grao en Enxeñería Mecánica. Esta distinción súmase ao selo internacional ABET outorgado á súa titulación de Mestrado en Enxeñería Industrial.

Continuar lendo

Probas finais de avaliación

Últimas novidades sobre as datas das probas finais A Comisión Permanente da EEI acordou na súa sesión extraordinaria do 20 de abril, a consecuencia da suspensión das actividades presenciais polo estado de alarma sanitaria, o atraso das probas de avaliación finais en dúas semanas. Deste xeito, os exames do segundo cuadrimestre comezarán o 25 de maio e as probas da convocatoria de xullo comezarán o 29 de xuño, desprazándose en dúas semanas en relación á data orixinal. O calendario académico modificado podes consultalo na seguinte ligazón: planificación académica.

Continuar lendo

Xornada de Orientación Universitaria

Os días 13 e 14 de maio de 2020 celebrarase unha Xornada de Orientación Universitaria virtual a través do Campus Remoto. A xornada do 13 maio desenvolverase pola tarde e vai dirixida a alumnado de bacharelato e últimos cursos de ESO. Ofrecerase información sobre a ABAU, o proceso de preinscrición e matrícula, a oferta formativa e os servizos da Universidade de Vigo. Para a xornada do día 14 de maio, están previstas sesións distribuídas por ámbito de coñecemento: Artes e Humanidades, ámbito Xurídico Social, Ciencias da Saúde, ámbito da Enxeñaría e Arquitectura.

Continuar lendo

Guías de axuda online

Co obxecto de mitigar o efecto da situación creada pola alerta sanitaria informámosche que, dentro do convenio da Escola con CIMWORKS, púxose en marcha unha iniciativa para facilitar o uso de SOLIDWORKS Educacional desde casa. Para iso, CIMWORKS pon a disposición unhas Guías de axuda online nas que se detallan todos os recursos dispoñibles (descargas de SOLIDWORKS, portal de contidos formativos online MySolidWorks, Blogues, Canle Youtube). Hai unha Guía para os Docentes e outra para os Estudantes: Guía SOLIDWORKS para Docentes: https://www.cimworks.es/solidworks-education-edition-guia-para-el-docente/ Guía SOLIDWORKS para Estudantes: https://www.cimworks.es/solidworks-education-edition-guia-para-el-estudiante/ Para o acceso a estes recursos é necesario utilizar os números de licenza correspondentes á Universidade de Vigo. Para obter os códigos debes poñerche en …

Continuar lendo

Distinción de TFM por parte do ICOIIG

Está en marcha a convocatoria 2020 ás Distincións dos Proxectos realizados nos Traballos Fin de Mestrado para o alumnado do Mestrado en Enxeñería Industrial. As bases de participación e formulario figuran na seguinte ligazón: Distincións Proxectos Fin Mestrado – Convocatoria 2020 O Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG) desexa desta forma estimular o traballo dos futuros Mestrados en Enxeñería Industrial, a través dos proxectos levados a cabo nos seus Traballos Fin de Mestrado. 

Continuar lendo

Aviso importante

Os servizos administrativos do centro non prestarán atención presencial ata novo aviso. A atención prestarase exclusivamente a través de correo electrónico, pódense consultar os enderezos na web do centro/administración e servizos. Como único punto de atención telefónica urxente contactar coa Administradora do ámbito tecnolóxico no teléfono 647343115.

Continuar lendo