UvigoMotorsport é un proxecto creado en 2014 por un grupo de estudantes da Escola de Enxeñería Industrial que ten como obxectivo deseñar e fabricar un vehículo monopraza de competición co que participar na Fórmula Student.
Fórmula Student
A Formula Student é a competición estudantil automobilística máis importante do mundo onde universidades de todo o planeta compiten, en circuítos profesionais, por ser a mellor escudaría. Cabe destacar que a Formula Student non é unha competición de carreiras ao uso, na cal os monoprazas sitúanse nunha liña de saída e gaña o máis rápido, se non que se trata dunha competición de enxeñería, onde se valoran aspectos tales como o deseño, a fiabilidade, a condución do monopraza e tamén aspectos máis teóricos, como a elaboración dun plan de negocio e de custos, onde se xustifican todas as decisións do deseño do monopraza.
Logros da pasada temporada
UvigoMotorsport acaba de rematar a terceira tempada, a mellor da súa historia. Grazas a todo el apoio recibido puideron competir, por primeira vez, en todas as probas dinámicas acadando un podio en Montmeló (Barcelona), onde obtiveron o premio “Best Team Work” e quedaron finalistas na proba “Cost Report” que se centra na xustificación e valorización económica de todas as pezas do monopraza.