No recopilatorio de software da Universidade de Vigo pódese atopar o software de uso cotiá que os servizos informáticos poñen a disposición da comunidade universitaria. Para poder acceder á este recopilatorio é necesario dispor dunha conta de correo da universidade (tipo usuario@uvigo.es ou usuario@alumnos.uvigo.es).
Por outra banda, a Escola de Enxeñería Industrial ten subscritos diferentes convenios que posibilitan aos alumnos dispor de licenzas para o uso de certos programas.
En particular, a EEI ten acordos campus para a utilización por parte de todos os alumnos para os seguintes programas:
- Matlab / Simulink (Acordo con Mathworks)
- Labview / Multisim (Acordo con National Instruments)
- Cype Ingenieros (Acordo con Cype Ingenieros Consultores)
- Microsoft Imagine X
- Autodesk (programas liberados para a comunidade universitaria)
Estes acordos contemplan, nalgúns casos, cursos de formación on-line e soporte técnico.
Ao igual que para o software corporativo da universidade, é necesario dispor dunha conta de correo da universidade (tipo usuario@uvigo.es ou usuario@alumnos.uvigo.es)