Como requisito indispensable para a obtención do título de Mestrado en Enxeñería Industrial, o alumno deberá realizar un Traballo de Fin de Mestrado (TFM) no que deberá desenvolver as competencias e capacidades adquiridas ao longo da titulación. A realización deste traballo posúe un recoñecemento académico de 24 ECTS.
O TFM debe ser un exercicio orixinal e individual no que o alumno se enfronte a un problema real do ámbito da enxeñaría, no que poida empregar a metodoloxía adquirida durante a súa formación para propor unha solución tecnicamente válida e viable.
Matrícula TFM
Deberá ser formalizada antes de poder comezar a súa realización para asegurar o asesoramento por parte do profesor designado como director. A matrícula do TFM debe realizarse xunto con todos os créditos restantes da titulación.
Calendario do TFM
A Comisión Permanente establece o calendario académico para a solicitude de defensa do TFM, o seu depósito e a defensa pública do traballo.
Sobre a confidencialidade do TFM
A EEI conta cun Protocolo de Confidencialidade, que foi aprobado na súa Comisión Permanente do 13 de novembro de 2020, para amparo da privacidade daqueles Traballos Fin de Mestrado que se desenvolvan nunha empresa ou nun centro externo á EEI. O texto correspondente ao protocolo e o procedemento para a súa solicitude poder atoparse na seguinte ligazón: https://eei.uvigo.es/wp-content/uploads/2020/11/Protocolo_confidencialidade_TFG_TFM.pdf.