Aínda que as actividades de acollida son recomendables, non teñen o carácter de obrigatorias. É por iso que, no caso de ter algún problema para asistir, poderás consultar a información que tamén estará dispoñible na web da Escola. Aínda que é posible que xa se saiban moitas das cousas que imos contar, a experiencia dinos que nunca está de máis coñecer algunhas máis e tamén aquelas novidades a ter en conta.
As actividades académicas de acollida para o alumnado de Graos e Mestrados Académicos da EEI matriculados no curso 2023/2024 terán lugar do 4 ao 7 de setembro de 2023.
A programación detallada destas actividades podes consultala na seguinte ligazón. Recoméndase estar sempre atento ás novas da web da Escola por se houbese algunha modificación ou axuste.
Para asistir ás xornadas debes facer o rexistro no seguinte formulario: rexistro actividades acollida.
A actividade docente (clases) comezará a partir do luns 11 de setembro de 2023 de acordo coa planificación aprobada pola Comisión permanente da EEI.