Final Degree Project

 

Como requisito indispensable para a obtención do título de Graduado, o alumno deberá realizar un Traballo de Fin de Grao (TFG) no que deberá desenvolver as competencias e capacidades adquiridas ao longo da titulación. A realización deste traballo posúe un recoñecemento académico de 12 ECTS.

O TFG debe ser un exercicio orixinal e individual no que o alumno se enfronte a un problema real do ámbito da enxeñaría, no que poida empregar a metodoloxía adquirida durante a súa formación para propor unha solución tecnicamente válida e viable.

Matrícula TFG

Deberá ser formalizada antes de poder comezar a súa realización para asegurar o asesoramento por parte do profesor designado como director. A matrícula do TFG debe realizarse xunto con todos os créditos restantes da titulación.

Proposta de traballos

Pode partir tanto de profesores como de alumnos da titulación de Grao e en calquer período do curso académico.

Para facilitar a búsqueda dun TFG os alumnos poderán consultar na súa secretaría virtual a oferta de liñas de traballo dos profesores da EEI (menú Contidos de TFG/Ver oferta de titores dispoñibles).

Títulos dos traballos

Os títulos dos TFG deberán estar correctamente escritos en galego, español e inglés no momento de realizar a solicitude a través da Secretaría Virtual:

  1. O mesmo contido nos 3 idiomas
  2. Sen faltas de ortografía
  3. Puntuación correcta
  4. Evitar símbolos (nunca comiñas ao comezo e final do título)
  5. Evitar siglas e abreviaturas a non ser que sexa estrictamente necesario
  6. Utilizar maiúsculas so na palabra de inicio do título e nos nomes propios.

Sobre a confidencialidade do TFG

A EEI conta cun Protocolo de Confidencialidade, que foi aprobado na súa Comisión Permanente do 13 de novembro de 2020, para amparo da privacidade daqueles Traballos Fin de Grao que se desenvolvan nunha empresa ou nun centro externo á EEI. O texto correspondente ao protocolo e o procedemento para a súa solicitude poder atoparse na seguinte ligazón: https://eei.uvigo.es/wp-content/uploads/2020/11/Protocolo_confidencialidade_TFG_TFM.pdf.