Alumnado de Primeiro curso que se matricula por primeira vez
No curso académico 2023/2024 o alumnado de primeiro curso dos 7 graos e os 3 dobres graos impartidos na Escola de Enxeñería Industrial (EEI) compartirá as materias do 1º curso. Cada estudante matricularase no Grao seleccionado (sempre que existan prazas vacantes) pero, como o 1º curso é común a todos os Graos, a totalidade do alumnado compartirá os 15 grupos de primeiro curso.
Cada estudante deberá completar a súa matriculación no Grao elixido a través da CIUG e da aplicación de matrícula da Universidade de Vigo e, tras decidir o grupo da súa elección, deberá indícalo en cada una das materias tendo en conta que a elección non é vinculante xa que a Escola debe traballar en pro da equidade dos grupos. É moi importante asegurarse de que se selecciona o mesmo grupo en todas as materias e en ambos os dous cuadrimestres, xa que, de detectarse algunha incoherencia, a Escola fará os axustes correspondentes que poderían non coincidir con ningunha das opcións elixidas. Co fin de garantir que se traballa coa información correcta, na seguinte ligazón aparece a distribución de todos os grupos de 1º da Escola coa sede (Campus Marcosende ou Cidade Torrecedeira) e a quenda (mañá ou tarde) nas que se imparten.
Aínda que pola nosa parte nada nos satisfaría máis que manter os grupos elixidos, hai que ter en conta que, por necesidades de organización docente, pode non ser posible; pero, en calquera caso, é importante que a información que se manexe permita a mellor das eleccións. A adxudicación de estudantes a cada grupo farase tendo en conta a nota de acceso á universidade e as necesidades de organización académica da EEI.
Así mesmo, todo o novo alumnado do 1º curso poderá seleccionar se o desexa (sendo obrigatorio se se matricula no grao de tecnoloxías en inglés), docencia bilingüe ou non. Nese caso deberá elixirse ao A07 no campus (docencia bilingüe) e os grupos asociados, e cuxa adxudicación farase tendo en conta a nota de acceso á universidade e as necesidades de organización académica da EEI no caso no que a demanda sexa moi elevada.
Dado que a Universidade de Vigo ven de implantar un novo sistema informático, é importante manter atención ás posibles novas que poidan derivarse desta situación por se fose necesario realizar algún axuste. Por este mesmo motivo adiantamos as nosas desculpas polos posibles erros derivados desta situación.
Por outra banda, nas xornadas de acollida, previstas para a semana do 4 de setembro, incluirase información desta cuestión de cara ao inicio do curso.
Alumnado de Continuación de Estudos
Neste curso académico, a Universidade de Vigo ven de implantar un novo sistema informático, polo que é importante manter atención ás premisas que se deben respectar á hora de elixir os grupos na matrícula. Nestas premisas destacamos:
- A elección de grupo será a mesma en todas as materias dun mesmo curso.
- A elección entre os diferentes cursos farase de xeito que todos estean na mesma sede.
Recordámosvos que a Escola debe traballar en pro da equidade dos grupos polo que a elección de grupo é informativa e non vinculante nos casos nos que pode haber máis dunha opción e, por suposto, no que atinxe á sede. Debedes ter en conta que, de detectarse algunha incoherencia, a Escola fará os axustes correspondentes que poderían non coincidir con ningunha das opcións elixidas.
Co fin de garantir que se traballa coa información correcta, na seguinte ligazón aparece a distribución de todos os grupos de continuación de estudos da Escola coa sede (Campus Marcosende ou Cidade Torrecedeira) e a quenda maioritaria (mañá ou tarde) nas que se imparten.
Grupos de continuación de estudos
Aínda que pola nosa parte nada nos satisfaría máis que manter os grupos elixidos, hai que ter en conta que, por necesidades de organización docente, pode non ser posible; pero, en calquera caso, é importante que a información que se manexe permita a mellor das eleccións. A adxudicación de estudantes a cada grupo farase tendo en conta a nota media no grao e as necesidades de organización académica da EEI.
Dado que a Universidade de Vigo ven de implantar un novo sistema informático, é importante manter atención ás posibles novas que poidan derivarse desta situación por se fose necesario realizar algún axuste. Por este mesmo motivo adiantamos as nosas desculpas polos posibles erros derivados desta situación.
Por outra banda, nas xornadas de acollida, previstas para a semana do 4 de setembro, incluirase información desta cuestión de cara ao inicio do curso.