Group Delegates

¿Como se pode ser Delegado de Grupo?

Para ser delegado de grupo, o primeiro que tes que facer é presentar a candidatura, así todos os teus compañeiros saberán que queres representalos. Deberás consultar o calendario electoral e presentar a túa candidatura na data indicada.

 

Procedemento para a elección do Delegado de Grupo

  1. As candidaturas a delegado de clase presentaranse no momento da elección. Se non hai candidaturas tódolos alumnos da clase serán candidatos, agás os membros da mesa electoral.
  2. Cada delegado só poderá selo dun so grupo.
  3. A mesa electoral de cada grupo estará composta por:
    • Un presidente, que será o profesor que imparta docencia nese momento.
    • Un secretario e un vogal que serán elixidos polo presidente, entre os alumnos que non presenten candidatura.
  4. Unha vez presentados os candidatos procederase á votación a man alzada, salvo que algún alumno solicite a privacidade do voto, caso no cal, cada alumno escribirá o seu voto nun papel e entregarallo ó presidente na mesa electoral.
  5. Non se admitirá a delegación do voto, nin o voto anticipado.
  6. Resultará elixido delegado de clase o candidato que obteña maior número de votos. No caso de haber un candidato único terá que acadar maior número de votos a favor que en contra.
  7. O secretario levantará acta segundo o modelo que lle será facilitado polo centro. Na acta figurarán o número de votos acadados por cada candidato, ou no caso de candidato único, o número de votos a favor e número de votos en contra.
  8. A acta unha vez cuberta e asinada polo presidente, o secretario e o vogal será entregada nunha das conserxerías da EEI á atención do delegado de alumnos da EEI.

 

¿Que poden facer os Delegados?

  • Informar a os estudantes sobre dereitos e normas da Universidade, avaliación, revisión de exames, bolsas e axudas, procedementos de queixas ante o defensor do estudante, servizos e recursos para persoas con necesidades especiais, …
  • Participar de forma activa nos órganos de representación da Universidade
  • Fomentar a conciliación da vida académica e laboral