Escola de Enxeñería Industrial

Slide 1

UNA OPCIÓN SEGURA…

¡¡INFÓRMATE!!

Slide 1
Slide 1
Slide 1
Competición robots 2025
Competición robots 2025
Slide 3

¿TE LA VAS A PERDER?

¡¡INFÓRMATE!!

Slide 3
Slide 4
Slide 4
Competición robots 2025
Competición robots 2025
previous arrow
next arrow

NOTICIAS

19 Feb 2025
Programa de mobilidade intensivo BIP From Smart Sensors to Industrial Applications Posted in: Internacional63 -
Solicitudes ata o 28 de febreiro de 2025 +
19 Feb 2025
Resolución provisional Erasmus-estudos curso 2025/26 Posted in: Internacional63 -
Alegacións ata o 26 de febreiro ás 23:59 hora peninsular española +
12 Feb 2025
Convocatoria prazas SICUE 2025/2026 Posted in: Internacional63 -
Prazo de solicitude do 13 ao 28 de febreiro +
04 Feb 2025
I Xornadas de Enxeñería Biomédica – JIB’2025 Posted in: A escola60 -
Do 07 ao 14 de febreiro de 2025 +
04 Feb 2025
Xornada Elas Fan CienTec 2025 Posted in: A escola60, Xeral81 -
Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia +
28 Xan 2025
Solicitude de modalidade de avaliación global 2024/25 – 2º cuadrimestre Posted in: Estudos61 -
Solicitude materias graos 2º cuadrimestre: do 3 de febreiro ao 5 de marzo +
25 Xan 2025
Talent Race 2ª edición – nova rolda de visitas Posted in: Xeral81 -
Voltan as visitas do programa Talent Race! Participa! +
21 Xan 2025
Prácticas de Campo e Saídas de Estudo 2024/25 – 2º cuadrimestre Posted in: Estudos61 -
Ampliado o prazo ata o 12 de febreiro +
14 Xan 2025
Convocatoria prazas de intercambio con países extracomunitarios – 2025/26 Posted in: Internacional63 -
Solicitudes ata o 30 de xaneiro de 2025 +

AXENDA

Mar
11
Feb
2025
09:30

Iniciativa organizada pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Uvigo.

 

 

Esta xornada está enmarcada dentro das actividades do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. É unha oportunidade para dar a coñecer á sociedade e ás alumnas o que se fai na Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo. Unha actividade divulgativa esencial para dar visibilidade ao traballo das investigadoras, científicas e enxeñeiras da institución e fomentar as vocacións entre as xeracións máis novas.

 

O programa previsto para esta xornada é o seguinte:

 

9:30 - 9:45 horas: Benvida por parte da Subdirectora de Alumnado e Relacións Institucionais da EEI - Foto grupal na entrada da EEI - descrición da Actividade 11F: E ti, queres ser enxeñeira?

9:45 - 9:55 horas: Benvida por parte de Natalia Caparrini - Vicerreitora de Estudiantado e Empregabilidade da Uvigo.

9:55 - 10:15 horas: Relatorio a cargo de Ana Mejías Sacaluga - Docente e Enxeñeira de Organización Industrial da EEI.

10:15 - 11:00 horas: Relatorio a cargo de Sonia Segade Blanco - Directora de transformación dixital e tecnoloxía de RENFE.

11:00 - 11:45 horas: Actividade 11F/Parte 1 – Enxeñeiras da EEI: Entrevista.

11:45 - 12:10 horas: Descanso.

12:10 - 12:30 horas : Showroom das JAI'2025.

12:30 - 13:20 horas: Actividade 11F/Parte 2 – Así imaxinabas a unha enxeñeira?

13:20 - 13:25 horas: Peche da Actividade 11F.

13:25 - 13:30 horas: Dirección cara aos autobuses.

 

Lun
10
Feb
2025
11:00Salón de actos - Sede Campus

O luns 10 de febreiro comezan as JAI'2025, a X Edición destas "Jornadas sobre Tecnologías y Soluciones para la Automatización Industrial".
  

Ás 11:00 horas terá lugar o acto oficial de apertura no Salón de actos da Escola de Enxeñería Industrial - Sede Campus.

 
Estas xornadas celebraranse do 10 ao 14 de febreiro e contarán con máis de 50 relatorios de expertos de empresas punteiras no ámbito da automatización. Temas como intelixencia artificial, robótica móbil, sustentabilidade enerxética e ciberseguridade serán protagonistas.

 
Xunto co programa de relatorios, haberá catro mesas redondas, que analizarán os retos e oportunidades do sector, e unha grande exposición de robótica, que se celebrará na entrada da Escola de Enxeñería Industrial, onde os asistentes poderán interactuar coas solucións más innovadoras e explorar casos de éxito reais.

 
Podes consultar máis información na web das JAI.

 
Esperámosvos na UVigo do 10 ao 14 de febreiro!

Ven
07
Feb
2025
11:00Salón de actos/Aula de Grao - Sede Campus

Do 07 ao 14 de febreiro de 2025 terán luga na Escola de Enxeñería Industrial (Sede Campus), as I Xornadas de Enxeñería Biomédica – JIB’2025
  

O programa inclúe os seguintes relatorios:
 

Venres 7 de febreiro

  • 11:00 a 12:00 horas: Charla FabRX - "Driving innovation in research with 3D printing" (Salón de actos). Adrián Campos.
  • 12:30 a 13:30 horas: Charla KUNE Implants - "Implantes personalizados: da planificación dixital á realidade cirúrxica" (Salón de actos). Iago González Fernández e Fátima Sendín.
  • 15:00 - 17:00 horas: Obradoiro Beta Implants - "Principios biomecánicos en osteosíntese (Aula 0). Lorena Rodríguez, Elia Fernández, Claudia López e Rubén Pérez.

 
Martes 11 de febreiro

  • 12:00 - 13:30 horas: Simposio «Enxeñaría da Saúde I» sobre «Cara un futuro intelixente: tecnoloxía e IA para transformar o manexo da apnea do sono» (Aula de grao). María Luisa Torres e Manuel Casal (Hospital Álvaro Cunqueiro).

 
Xoves 13 de febreiro

  • 12:00 - 13:30 horas: Simposio «Enxeñaría da Saúde II» sobre «Presente e futuro da cirurxía endovascular» (Aula de grao). José Manuel Encisa de Sá (Hospital Álvaro Cunqueiro) e José Manuel Blanco Rey (Siemens Healthineers).

 
Venres 14 de febreiro

  • 14:30 - 15:15 horas: JAI TALK: "A Revolutionary Theranostics Approach for Robotized Colonoscopy" (Salón de actos). Prof. Bruno Siciliano (Universidade de Nápoles Federico II).

 

Ademais, durante toda a semana, haberá un showroom de equipamento biomédico, onde se presentarán servizos do Hospital Álvaro Cunqueiro e empresas como BETA Implants, KUNE IMPLANTS e FABRX, que non vos podedes perder.

 
Podedes consultar máis información en JIB'2025.

 

Esperámosvos!