Recoñecemento PFC alumnos mobilidade

Este procedemento de validación do PFC vai dirixido ós alumnos de mobilidade da EEI – Sede Cidade que cursaron a Enxeñería Técnica Industrial (Plan a Extinguir)

Solicitude de asignación do PFC

O alumno deberá presentar Área Académica da Sede Cidade a Solicitude de Asignación do PFC para a súa aprobación do título pola Comisión de PFC. Este formulario debe estar asinado polo Director do PFC da Universidade de Vigo. Este trámite pode realizarse meses antes do remate do PFC.

A Universidade de destino debe mandar á ORI da Universidade de Vigo ou á Subdirectora de Relacións Exteriores da EEI os documentos (Transcript of Records e Learning Agreement). Toda a documentación recibida na ORI será enviada á Subdirección de Exteriores do Centro. Unha vez recibidos ditos documentos, a Subdirección de Exteriores deberá depositalos na Área Académica da Sede Cidade para ser arquivados no expediente do alumno.

Solicitude de Cualificación do PFC

Unha vez aprobado o tema, e que chegaran á Subdirección de Exteriores as notas do PFC da Universidade de destino, o alumno deberá entregar na Área Académica da Sede Cidade a Solicitude de Cualificación do PFC, que debe estar asinada polo Director do PFC da Universidade de Vigo, xunto cun tomo e unha copia en formato dixital (CD) do proxecto.

As linguas nas que pode estar escrito o PFC son galego, castelán ou inglés. De optar pola lingua inglesa, é necesario engadir ó tomo un resumo do proxecto en castelán ou galego.

Os proxectos Fin de Carreira das Titulacións de Enxeñería Técnica Industrial, de acordo coa normativa vixente deben conter polo menos os seguintes contidos:

  1. Memoria
  2. Planos
  3. Prego de Condicións
  4. Estado de Medicións e Presuposto

Todos os detalles dos contidos mínimos do traballo poden consultarse na Normativa do Proxecto Final de Carreira (PFC) da antiga Escola Univeristaria de Enxeñería Técnica Industrial (EUETI)

Se a cualificación do PFC é igual ou inferior a 8.9 non é necesario realizar a lectura do PFC, sendo posible o seu recoñecemento, polo que no impreso de Solicitude de Cualificación do PFC non se cubrirá a data de lectura.

Se a cualificación é igual ou superior a 9.0, realizarase a lectura do proxecto. Neste caso, debe indicarse unha data para levar a cabo a defensa, aínda que esa data non ten por qué ser definitiva.