Non hai extracto porque este é un artigo protexido.
Categoría: Empresa
Formalización de prácticas extracurriculares/convalidación
Proceso para a formalización dunhas prácticas extracurriculares en empresa e convalidación pola materia de “Prácticas curriculares/optativa” Tal como se indica na normativa de prácticas da EEI, para poder realizar unhas Prácticas Extracurriculares (P.E.) os alumnos deberán cumprir dous requisitos. Ser alumno/a da UVIGO. Ter superado o 50% dos créditos necesarios para obter o título de grao. Se o estudante desexa convalidar as (P.E.) pola materia de Prácticas Curriculares (P.C.)/optativa deberá cumprir: Ter superado polo menos 150 créditos. As prácticas deben ser xestionadas pola FUVI. As prácticas deberán ter unha duración mínima de 180 horas. Estar matriculado de todas as materias …
Formalización TFG/TFM en empresa
Proceso para a formalización dun TFG/TFM en empresa Unha vez que o estudante contactou cunha empresa e definiron o tema e o título do TFG/TFM, deberán de cubrir e enviar a eei.secretario@uvigo.gal a solicitude, para a súa aprobación pola Comisión Permanente da EEI. Para os TFG, deberase de realizar o proceso de xestión que se indica na plataforma Moovi. Para a formalización do traballo deberán seguirse os seguintes pasos: Deberá comprobarse se a empresa ten asinado un convenio de cooperación coa UVigo, específico para a realización de TFG/TFM. Este convenio é distinto ao que se pide para a realización de …
Envíe o seu currículum
Ofertas de emprego
Prácticas curriculares
As prácticas curriculares constitúen unha actividade académica incluída como materia no plan de estudos das titulacións, por iso é polo que a súa xestión estea encomendada ao centro. Poden realizar prácticas curriculares: Os alumnos matriculados nas titulacións da EEI. Os estudantes doutras universidades españolas ou estranxeiras que estean a realizar estadías de estudo na EEI en programas de mobilidade académica ou por convenios bilaterais. Nas titulacións de Grao da EEI, para realizar prácticas curriculares, o alumno debe: Estar matriculado na materia de Prácticas en Empresa. Ter superados no caso dos estudos de grao, polo menos 150 créditos da titulación na …
Prácticas extracurriculares
As prácticas extracurriculares son aquelas que se realizan con carácter voluntario durante o período de formación e que, aínda tendo os mesmos fins que as prácticas curriculares, non forman parte do correspondente plan de estudos. Para realizar prácticas extracurriculares, o alumno debe: Estar matriculado na Universidade de Vigo nos ensinos para as que se ofertan as prácticas extracurriculares Nas titulacións de Grao, ter superado o 50% dos créditos necesarios para obter a titulación Estas prácticas son xestionadas pola Fundación Universidade de Vigo ( FUVI) de acordo coa normativa aprobada pola Universidade de Vigo. Duración e horario A súa duración …
Titores
O estudante contará cun titor na entidade colaboradora e cun titor académico na Universidade. Estas funcións non poderán coincidir na mesma persoa. Titor da empresa O titor da empresa ou entidade colaboradora será unha persoa vinculada á mesma e con experiencia profesional na área na que o estudante vaia a desenvolver a súa actividade. Funcións: Supervisar as actividades realizadas nas prácticas Orientar ao estudante na empresa ou entidade Controlar o desenvolvemento da práctica Estar en contacto co titor académico Remitir o informe final de prácticas Titor académico Os titores académicos serán profesores que impartan docencia na titulación cursada polo alumno. …
Normativa e documentación
Da Escola de Enxeñería Industrial Regulamento de Prácticas en Empresa da Escola de Enxeñería Industrial Da Universidade de Vigo Regulamento de prácticas académicas externas do alumnado da Universidade de Vigo Normas relativas ás bolsas para estudantes que desenvolvan prácticas académicas externas extracurriculares en empresas e institucións Instrucións sobre o procedemento para a realización das prácticas académicas externas: Curriculares e extracurriculares Do Estado Real Decreto 592/2014, do 11 de xullo, polo que se regulan as prácticas académicas externas dos estudantes universitarios Documentos e enlaces Plantillas da Memoria Final de Prácticas Contenido da Memoria Final de Prácticas Anexo I – condicións da …
Seguros
Para a cobertura de posibles continxencias que poden xurdir no desenvolvemento das prácticas académicas externas, os alumnos da Universidade de Vigo están cubertos por varios seguros. Seguro Escolar Segundo a Resolución da Dirección Xeral de Ordenación da Seguridade Social, do 25 de marzo de 1999, as prácticas en empresas que se realicen ao amparo do Real Decreto 1707/2011, do 18 de novembro, están cubertas polo seguro escolar, sempre que o alumno se matriculara e realizase o pago do citado seguro. Información sobre o seguro escolar Seguro de Accidentes A Universidade de Vigo ten subscrito o Seguro de Accidentes Cum Laude, …