Para a cobertura de posibles continxencias que poden xurdir no desenvolvemento das prácticas académicas externas, os alumnos da Universidade de Vigo están cubertos por varios seguros. Seguro Escolar Segundo a Resolución da Dirección Xeral de Ordenación da Seguridade Social, do 25 de marzo de 1999, as prácticas en empresas que se realicen ao amparo do Real Decreto 1707/2011, do 18 de novembro, están cubertas polo seguro escolar, sempre que o alumno se matriculara e realizase o pago do citado seguro. Información sobre o seguro escolar Seguro de Accidentes A Universidade de Vigo ten subscrito o Seguro de Accidentes Cum Laude, …
Categoría: Empresa
Rexistro de empresas
Aviso importante: Unha vez realizado o rexistro correctamente, enviarase un correo coa información para acceder ao portal (usuario e contrasinal). De non recibir este correo, comprobar primeiro se foi catalogado como Spam, e, de non ser así, poñerse en contacto connosco.
Prácticas Académicas Externas
As prácticas externas constitúen unha actividade de natureza formativa dirixida aos estudantes universitarios e supervisada polas Universidades co obxectivo principal de completar e aplicar, nun ámbito profesional, competencias e coñecementos adquiridos nos seus estudos. Con iso contribúese á mellora da preparación do alumnado para o exercicio profesional e facilítase a súa incorporación futura ao mercado laboral. Onde se poden realizar? Entidades colaboradoras de ámbito nacional Empresas, institucións ou entidades públicas ou privadas cando exista un convenio de cooperación educativa coa Universidade de Vigo. Na Universidade de Vigo En dependencias e servizos propios da Universidade de Vigo que non estean destinados …
Portal de Emprego e Bolsas
A Escola de Enxeñería Industrial, mediante o seu portal de emprego, quere promover o contacto entre as empresas e os estudantes e titulados/as. Se es unha empresa: Se non está rexistrada, pode facelo na seguinte ligazón: Rexistro Se xa está rexistrada pode acceder directamente ao Portal de Emprego Se es alumno/a ou titulado/a: Pode subscribirse á lista de correo para recibir información sobre a publicación de ofertas de emprego e bolsas. Consulta a listaxe de ofertas de emprego e bolsas. Podes consultar máis ofertas no portal de emprego da Universidade de Vigo.
Traballo Fin de Mestrado en empresa
O Traballo Fin de Mestrado en Empresa (TFMe) é unha actividade formativa dirixida a alumnos do Mestrado en Enxeñería Industrial. Esta consiste no desenvolvemento, como traballo fin de mestrado, dun proxecto proposto e definido por unha empresa e que responde a unha necesidade real desta. Este proxecto será desenvolvido nas instalacións da empresa, no ámbito dunhas prácticas académicas externas, baixo a dirección conxunta e coordinada da empresa e a Escola de Enxeñería Industrial. Documentos e enlaces Procedemento Traballo Fin de Mestrado en Empresa
Colaboración con empresas
Convenios A constante preocupación da Escola de Enxeñería Industrial por estreitar o seu vínculo co mundo empresarial derivou, entre outras cousas, na promoción dun gran número de convenios de colaboración educativa con empresas, nacionais e internacionais, de diferentes ámbitos industriais. No marco dos devanditos convenios centos de alumnos, cada curso académico, realizan prácticas en empresa que contribúen a reforzar a súa formación como futuros profesionais da Enxeñería Industrial. Documentos e enlaces Buscador Convenios Universidade de Vigo Cátedras Cátedra BorgWarner – UVigo
Contacto
Luis E. Eguizábal Gándara Coordinador de Prácticas en Empresas correo electrónico: eei.empresas@uvigo.es
Empresa
Prácticas Académicas Externas Traballo Fin de Mestrado en empresa Colaboración con empresas Portal de Emprego e Bolsas Contacto




