As prácticas curriculares constitúen unha actividade académica incluída como materia no plan de estudos das titulacións, por iso é polo que a súa xestión estea encomendada ao centro.
Poden realizar prácticas curriculares:
- Os alumnos matriculados nas titulacións da EEI.
- Os estudantes doutras universidades españolas ou estranxeiras que estean a realizar estadías de estudo na EEI en programas de mobilidade académica ou por convenios bilaterais.
Nas titulacións de Grao da EEI, para realizar prácticas curriculares, o alumno debe:
- Estar matriculado na materia de Prácticas en Empresa.
- Ter superados no caso dos estudos de grao, polo menos 150 créditos
da titulación na que está matriculado. - Estar matriculado de todas as materias pendentes para finalizar a titulación.