O Traballo Fin de Mestrado en Empresa (TFMe) é unha actividade formativa dirixida a alumnos do Mestrado en Enxeñería Industrial. Esta consiste no desenvolvemento, como traballo fin de mestrado, dun proxecto proposto e definido por unha empresa e que responde a unha necesidade real desta. Este proxecto será desenvolvido nas instalacións da empresa, no ámbito dunhas prácticas académicas externas, baixo a dirección conxunta e coordinada da empresa e a Escola de Enxeñería Industrial.