Prácticas curriculares

 As prácticas curriculares constitúen unha actividade académica incluída como materia no plan de estudos das titulacións, por iso é polo que a súa xestión estea encomendada ao centro.

Poden realizar prácticas curriculares:

  • Os alumnos matriculados nas titulacións da EEI.
  • Os estudantes doutras universidades españolas ou estranxeiras que estean a realizar estadías de estudo na EEI en programas de mobilidade académica ou por convenios bilaterais.

Nas titulacións de Grao da EEI, para realizar prácticas curriculares, o alumno debe:

  • Estar matriculado na materia de Prácticas en Empresa.
  • Ter superados no caso dos estudos de grao, polo menos 150 créditos
    da titulación na que está matriculado.
  • Estar matriculado de todas as materias pendentes para finalizar a titulación.