Prácticas Académicas Externas

As prácticas externas constitúen unha actividade de natureza formativa dirixida aos estudantes universitarios e supervisada polas Universidades co obxectivo principal de completar e aplicar, nun ámbito profesional, competencias e coñecementos adquiridos nos seus estudos. Con iso contribúese á mellora da preparación do alumnado para o exercicio profesional e facilítase a súa incorporación futura ao mercado laboral.

Onde se poden realizar?

Entidades colaboradoras de ámbito nacional

Empresas, institucións ou entidades públicas ou privadas cando exista un convenio de cooperación educativa coa Universidade de Vigo.

Na Universidade de Vigo

En dependencias e servizos propios da Universidade de Vigo que non estean destinados á actividade docente.

No estranxeiro

Pódense desenvolver prácticas no estranxeiro, no marco do Programa ERASMUS PRÁCTICAS ou outro tipo de programas de mobilidade internacional.

Modalidades

Prácticas Curriculares

As prácticas curriculares configúranse como actividades académicas integrantes, como materias, dos plans de estudo, que indicarán o seu carácter obrigatorio ou optativo, así como a súa duración en créditos ECTS.

Prácticas Extracurriculares

As prácticas extracurriculares realízanse con carácter voluntario durante o período de formación e, aínda tendo os mesmos fins que as prácticas curriculares, non forman parte do correspondente plan de estudos.