Formalización TFG/TFM en empresa

Proceso para a formalización dun TFG/TFM en empresa

Unha vez que o estudante contactou cunha empresa e definiron o tema e o título do TFG/TFM, deberán seguir os seguintes pasos para a formalización do traballo:

  1. Deberá comprobarse se a empresa ten asinado un convenio de cooperación coa UVigo, específico para a realización de TFG/TFM. Este convenio é distinto ao que se pide para a realización de prácticas en empresa.
    https://www.uvigo.gal/es/estudiar/empleabilidad/practicas/convenios-practicas

    Se a empresa non ten asinado o convenio, deberá enviar un correo a: eei.empresas@uvigo.es, indicando o nome completo da empresa e un enderezo de correo electrónico.

  2. Formalizar o TFG/TFM, para elo deberase cubrir e asinar o documento de formalización. Este documento, unha vez cuberto e asinado, enviarase a: eei.centro.departamentos@uvigo.es e a empresa quedarase cunha copia.

    Ata que este último documento non estea asinado, non se poderá comezar a actividade na empresa. Este documento é o que dá vixencia aos seguros contratados pola UVigo.

  3. O titor académico deberá formalizar o TFM/TFG a través da plataforma Sigma.

Os puntos 1 e 2 non se deberán realizar no caso de que o alumnado teña xa unha relación contractual coa empresa.

Para os TFG, deberase realizar o proceso de xestión que se indica na plataforma Moovi.