Esta páxina é unha recopilación -a título informativo- de buscadores de prácticas e ofertas de estadías prácticas no estranxeiro que poden resultar do voso interese.
Nótese que non se trata de convocatorias propias da Escola ou da UVigo. As prácticas e programas recollidos nos enlaces seguintes dependen exclusivamente da institución que os oferta, que é tamén a que establece os seus propios prazos e procedementos para a tramitación de solicitudes.
Sen embargo, é posible que en moitos casos a práctica deba realizarse ao abeiro do programa Erasmus-internships (Erasmus-prácticas) que, ademais de aportar financiamento para o estudante ou recén titulado, proporcione o marco legal necesario para a actividade.
Nese caso será necesario que, en paralelo á solicitude enviada á institución de destino, concurrades a unha convocatoria de Erasmus-prácticas da Universidade de Vigo.
Convocatoria Erasmus-prácticas 2022/2023 e 2023/2024
- 1º prazo: ata o 17 de febreiro de 2023 ás 23:59 hora peninsular española. As estadías poderán realizarse entre o 01/04/2023 e o 30/10/2023.
- 2º prazo: dende o 1 ao 30 de abril de 2023 ás 23:59 hora peninsular española. As estadías poderán realizarse entre o 01/06/2023 e o 31/07/2024.
- 3º prazo: dende o 1 ao 30 de setembro de 2023 ás 23:59 hora peninsular española. As estadías poderán realizarse entre o 01/11/2023 e o 30/11/2024.
Buscadores
Estadía de prácticas na Universidade de Lisboa
Estadía prácticas na Università degli studi di Catania (Italia)
Erasmus-traineeships no Politecnico di Torino (Italia)
Estadía prácticas na Universidade Tomas Bata de Zlin (República Checa)
Universität Stuttgart – Institute of Robust Power Semiconductor Systems
Estadías prácticas na Universidade Politécnica de Bialystok
Estadía de prácticas en Airbus
Programas de prácticas de Bosch Car Multimedia Portugal
Student internships – Axencia Espacial Europea (ESA)
Programa de prácticas de Rolls Royce – prácticas de verán (10 semanas) e de 12 meses
Estadías prácticas en Eindhoven – Brainport