As clases do programa de doutoramento para o curso 2020/21 comezarán o mércores 7 de outubro. Podes consultar os horarios definitivos na seguinte ligazón: Planificación académica DITPA
Planificación académica DITPA curso 2020/21
As clases do programa de doutoramento para o curso 2020/21 comezarán o mércores 7 de outubro. Podes consultar os horarios definitivos na seguinte ligazón: Planificación académica DITPA
Consulta o teu grupo para o curso 2020/21 Xa podes consultar na túa Secretaría Virtual a asignación do grupo de aula, tanto de teoría como de prácticas. Os grupos específicos de laboratorio publicaranse tan pronto sexa posible. Lembramos que as preferencias de grupo son meramente informativas e non vinculantes para o Centro. A adxudicación do alumnado faise atendendo as necesidades de organización docente da EEI, máxime na situación tan excepcional na que se vai deselvolver o curso. O único grupo que se imparte en inglés na Escola é o A07 do campus; se aparece indicado nalgún outro que se imparte …
Protocolos de actuación. Medidas de seguridade e hixiene Debido á situación sanitaria na que nos atopamos, no curso 2020/21 toda a comunidade universitaria deberá coñecer e cumprir os protocolos establecidos no Plan de Prevención para o Control Sanitario elaborado pola EEI. Trátase dun conxunto de medidas de seguridade e hixiene e recomendacións sobre o desenvolvemento da docencia, cuxa observación nos corresponde a todos (profesorado, alumnado persoal de administración e servizos…) O papel de cada un de nós no cumprimento deste plan de prevención é esencial para garantir que a docencia poida transcorrer dun xeito seguro dentro da situación na que …
Listaxes provisionais admitidos e excluídos 1º prazo
Listaxes definitivas admitidos e excluídos 1º prazo Xa están publicadas as listaxes definitivas de admitidos e excluídos nos mestrados da EEI do primeiro prazo de matrícula para o curso 2020/2021. Podes consultalas na seguinte ligazón: Listaxes alumnado preinscrito mestrados. Lembra que o período de matrícula é o do 21 ao 24 de xullo. Do 26 de agosto ao 1 de setembro de 2020 terás unha nova oportunidade para realizar a preinscripción nos mestrados do teu interese. Documentos e enlaces Listaxes definitivas preinscripción 1º prazo Mestrados
Calendario e censo electoral provisional. O venres 17 de xullo de 2020 da comezo o proceso electoral para a elección do director da EEI coa publicación do calendario e dos censos provisionais dos distintos sectores e colectivos da EEI. Ábrese un prazo de reclamacións aos devanditos censos a partir do vindeiro luns día 20 de xullo e ata o 23 de setembro, ao non computar os días non lectivos dos meses de xullo, agosto e setembro. Pode consultarse toda a información na seguinte ligazón: Eleccións director EEI 2020.
O 16 de xullo celebrarase unha nova edición desta xornada da EEI A Xornada de Portas Abertas é unha oportunidade única para coñecer de preto a EEI, unha Escola cunha ampla experiencia e prestixio nos estudos de Enxeñería Industrial con titulacións adaptadas ás esixencias da sociedade e preparada para os retos e os desafíos do futuro. Nestes momentos tan complexos nos que nos atopamos, o sector industrial desempeña un papel esencial para garantir o mantemento do noso tecido produtivo. Os enxeñeiros industriais van desempeñar un papel de grande relevancia no desenvolvemento da nosa industria e da nosa sociedade. Este ano, …
O programa de bolsas de excelencia “ AVENIR” diríxese a estudantes que desexan realizar unha estancia en Francia para estudar nunha universidade ou « Grande École » ou realizar prácticas nunha empresa francesa durante o curso 2020/2021. Data límite para a solicitude: 3 de maio de 2020. Documentos e enlaces Información Bolsas AVENIR Listaxe bolsas
Xornada sobre patentes e propiedade industrial na Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus
Comezo das clases o luns 7 de outubro