Taller de Autores:cómo publicar traballos científicos-técnicos

DOUTORAMENTO ESTUDANTES FORMACIÓN TESE RECURSOS CALIDADE Taller de Autores:cómo publicar traballos científicos-técnicos

Taller de Autores: cómo publicar traballos de investigación

O vindeiro 24 de febreiro terá lugar no Salón de Actos da Escola de Enxeñería Industrial, Sede Campus, un taller sobre cómo publicar traballos científico-técnicos organizado polo Programa de Doutoramento en Investigación en Tecnoloxías e Procesos Avanzados na Industria e co-organizado pola Biblioteca da Universidade de Vigo en colaboración coa editorial Springer.

O taller está dirixido principalmente aos novos investigadores e autores interesados en publicar artigos e libros científicos. A inscrición é gratuíta previa reserva de praza no formulario de inscrición publicado ao pé desta nova. A data límite para facer a inscrición no taller remata o 18 de febreiro de 2016.

O taller será impartido por Nathalie Jacobs, editora Senior na Editorial Springer e responsable da área de publicacións de enxeñería. Aínda que a súa oficina atópase en Dordrecht (Holanda), mantén un continuo contacto cos investigadores e autores (presentes e futuros) de Springer tanto pola súa presenza en multitude de conferencias da rama como polas súas visitas a os centros de traballo. Nathalie viviu 7 anos en España e fala castelán con absoluta fluidez.

Programa:

  • Introdución a Springer
  • Artigos en revistas / uso de revistas
  • Autores publicando con Springer
  • ¿Por qué se quer publicar?
  • ¿Cómo elixir a revista na que se quer publicar?
  • Servizos para autores
  • «Rights & Permissions» (Dereitos e Permisos)
  • «Impact Factors» (Factores de impacto) e estatísticas de uso
  • Estrutura dun artigo
  • «Trucos» para conseguir a publicación dun artigo
  • Fórmulas para publicar con Springer: Fórmula tradicional / Open Access / SpringerOpen
  • A publicación dun libro
  • Resumo
  • Coloquio

Documentos e enlaces