A Enxeñería Biomédica é unha nova rama da enxeñería que se centra na aplicación dos principios, técnicas e métodos da enxeñería ao campo da medicina. Trátase por tanto, dunha titulación interdisciplinaria relativamente nova na que as técnicas da enxeñería industrial (enxeñería mecánica, enxeñería electrónica e automática, enxeñería química, enxeñería de organización,…) da enxeñería informática e da enxeñería de telecomunicacións aplícanse para o análise e resolución de problemas relacionados coa medicina do século XXI.
O Grao en Enxeñería Biomédica proporciona unha formación xeral en todos estes temas e permite, ademais, unha intensificación a partir do segundo cuadrimestre de terceiro curso e cuarto curso, onde se deberá escoller obrigatoriamente entre unha das dúas intensificacións:
- BIOTECH (BT): Electrónica, tratamento de información hospitalaria, control e sinais en biomedicina
- BIOMMEC (BM): Implantoloxía, biomecánica, biomateriais e equipamento
Perfil de ingreso recomendado:
O perfil de ingreso no referido a habilidades, capacidades e coñecementos previos será o do alumno ou aluma que superara o bacharelato na rama tecnolóxica. Máis en concreto, considérase que son desexables as seguintes cualidades dentro do alumnado:
- Coñecementos básicos sobre matemáticas, física, química, expresión gráfica e informática
- Capacidade plena para a lectura, reflexión e comunicación oral e escrita
- Coñecementos dunha lingua estranxeira (preferiblemente inglés)
- Inquietude, curiosidade e iniciativa propia
- Capacidade de traballo en equipo
- Interese pola titulación e pola profesión para a que capacita
Saídas profesionais:
- Fabricación, comercialización e avaliación de dispositivos médicos e de equipos (para a prevención, diagnóstico, tratamento e rehabilitación), materiais especiais, dispositivos implantables, próteses e sistemas robóticos para aplicacións biomédicas
- Estratexias relacionadas coa aplicación e posta en servizo de material e sistemas biomédicos
- Servizos de enxeñería clínica en centros sanitarios públicos e privados, no mundo do deporte e do ocio
- Telemedicina e aplicacións telemáticas no diagnóstico e tratamento de enfermidades
- Informática médica, como os programas informáticos e os sistemas de información sanitaria para o tratamento de datos biomédicos e bioimaxinográficos
- Biotecnoloxía e enxeñería celular
- Industria farmacéutica e a industria alimentaria, coa finalidade de analizar e cuantificar a interacción entre medicamentos / sustancias e parámetros biolóxicos
- Industria de fabricación en xeral: ergonomía de produtos e procesos e impacto das tecnoloxías na saúde humana