Mestrado en Enxeñería Industrial

 

O Mestrado de Enxeñería Industrial é un mestrado con atribucións profesionais que está regulado pola Orde Ministerial CIN/311/2009 de 9 de febreiro de 2009 e publicado no BOE nº 42 de 18/02/2009.

Consta dun total de 120 ECTS, repartidos en 5 módulos e un Traballo Fin de Mestrado:

  • Módulo Obrigatorio (6 ECTS)
  • Módulo de Tecnoloxías Industriais (30 ECTS)
  • Módulo de Instalacións, Plantas e Construcións (15 ECTS)
  • Módulo de Xestión (15 ECTS)
  • Módulo de Adaptación / Módulo de Orientación (30 ECTS)
  • Traballo Fin de Mestrado (24 ECTS)

Perfil de acceso:

As solicitudes de admisión clasificaranse en tres grupos:

  • Grupo 1: Titulados do Grao en Enxeñería en Tecnoloxías Industriais da EEI
  • Grupo 2: Titulados dos restantes Graos da EEI
  • Grupo 3: Outros titulados

Dentro de cada un dos grupos, os alumnos ordenaranse acorde coa fórmula seguinte:

[nota media expediente alumno/nota media do seu grao]

Requisitos de acceso:

  • Todos os alumnos deberán acreditar un nivel de inglés B1 ou equivalente para ser admitidos no Mestrado