Alumnos procedentes dos Graos Especialistas

Os alumnos procedentes dos Graos Especialistas do ámbito industrial da Escola de Enxeñería Industrial de Vigo realizarán o seguinte itinerario:

Denominación Código  Nº Créditos
 Módulo de Adaptación ADP 30 ECTS
 Módulo Obrigatorio  OB 6 ECTS
 Módulo de Tecnoloxías Industriais TrTI 30 ECTS
 Módulo de Xestión TrG 15 ECTS
 Módulo de Instalacións, Plantas e Construcións TrIPC 15 ECTS
 Traballo Fin de Mestrado TFM 24 ECTS

O módulo de adaptación consta de materias diversas para adaptar aos alumnos procedentes dos Graos Especialistas da EEI para que poidan afrontar con garantías as materias troncais dos módulos de Tecnoloxías industriais, de xestión e de instalacións, plantas e construción. As materias deste bloque varían en función do grao de procedencia  do alumno.