Axenda

Información do evento:

  • Ven
    14
    Abr
    2023

    Obradoiro de laminado organizado por CES

    11:30

    Venres 14 de abril de 2023 no vestíbulo da EEI - Sede Campus.
     
     
    O próximo venres 14 de abril terá lugar no vestíbulo da EEI - Sede Campus, ás 11:30 horas, o segundo obradoiro de laminado organizado por CES. A asistencia é libre.
     
    CES é o acrónimo de Clean Energy Ship, equipo universitario centrado no deseño e fabricación dunha embarcación solar no que participan estudantes da Escola de Enxeñería Industrial.
     
    Este segundo taller que organizan estará centrado no laminado de carbono. O seu barco, o Boeiro 1, ten gran parte da súa estrutura laminada en carbono, dende o propio casco do barco, ata os foils que dan a sustentación que o fai voar.
     
    Dende a Escola, convidámosvos a que vos acheguedes para arroupar esta iniciativa do equipo de estudantes CES UVigo e tamén para que aprendades como é o laminado de fibra de carbono.
     
    Esperámosvos o 14 de abril!