Axenda

Información do evento:

  • Ven
    29
    Abr
    2022

    Aplicando tecnoloxías XR na industria de forma sostible

    10:00

    Seminario que se celebrará de 10:00 a 13:30 horas no Salón de Actos da EEI - Sede Campus

     

     

    Nesta xornada, Arsoft, empresa especializada no uso da realidade virtual e aumentada, achegaranos ás tecnoloxías XR (Realidade Aumentada, Realidade Virtual e Realidade Mixta) dende o punto de vista da súa aplicación na industria.

     

    O programa será o seguinte:

    • 10:00 - 10:15: Apertura da Xornada - Juan Pardo (Director da EEI)
    •  

    • 10:15 - 10:45: Visión global das tecnologías XR - Santiago González (CEO de Arsoft)
    •  

    • 10:45 -11:15: Como invertir de forma sostible en tecnoloxías XR? - Santiago González (CEO de Arsoft)
    •  

    • 11:15 - 12:00: Café e desmostracións prácticas de contidos XR
    •  

    • 12:00 - 12:15: X-realities para a transforamación dixital - Miguel Vilar (Navantia)
      Enxeñeiro Industrial pola Universidade de Vigo. Responsable de Arquitectura Dixital, dentro da Dirección de Tecnoloxía e Transformación Dixital. Colabora coa Universidade de A Coruña a través da UMI "Estaleiro do futuro", en diversas iniciativas relacionadas coa Industria 4.0, realidade virtual e aumentada internet das cousas, RFIF e xemelgo dixital.
    •  

    • 12:15 - 12:30: Operadores 4.0 en entornos de aprendizaxe H2M - Álvaro García (Cidaut)
      Enxeñeiro informático, Máster executivo industria 4.0, Máster profesional en liña en ciberseguridade industrial e Director de proxectos de I+D. 20 anos de experiencia no ámbito das tecnoloxías da información e a comunicación. Actualmente membro do Grupo de Traballo Rexional de Castela e León de Industria 4.0 e Ciberseguridade.
    •  

    • 12:30 - 12:45: Cara o futuro da educación. Tecnoloxías XR - Alberto Manzano (Account Manager de Arsoft)
      Xestiona proxectos educativos baseados en tecnoloxías XR. Partidario da comunicación, a creatividade e as boas ideas.
    •  

    • 12:45 - 13:00: Mesa redonda "Aplicación sostible de tecnoloxías XR e integración co xemelgo dixital"
    •  

    • 13:00 - 13:30: Sesión Kahoot. "Futuro do XR"

     

    As prazas son limitadas polo que para participar é necesario inscribirse no seguinte formulario