Axenda

Información do evento:

  • Mér
    04
    Out
    2023

    12º Salón de Oferta de Educación e Formación de Galicia (EDUGAL)

    10:00

    Tes unha cita con Edugal do 04 ao 06 de outubro no Recinto Feiral de Pontevedra.

     

     

    A Escola de Enxeñería Industrial voltará estar presente na cita máis importante do ano en educación e formación. Punto de encontro de estudantes, profesores, orientadores e responsables de centros educativos e profesionais da educación.

     

    Toda a información sobre formación e orientación educativa en Galicia estará presente na feira. Ademais dos  expositores haberá obradoiros, xornadas técnicas e actividades paralelas durante os tres días da feira.

     

    Un evento que axuda aos estudantes a decidir eficazmente sobre o seu futuro formativo e profesional.

     

    Podes consultar máis información no arquivo Edugal 2023 e na ligazón https://www.edugal.es/index.html.